O sábado 7 de febreiro vaise celebrar a primeira Regata do Trofeo de Inverno Lajareu por Barlovento
Como ven sendo xa tradicional a Asociación Cultural Lajareu por Barlovento está a organizar a VII edición do trofeo de dornas a vela Lajareu por Barlovento.Esta sétima edición do premio consistirá en catro regatas que se celebrarán, se o tempo o permite, os días 7 e 21 de febreiro e o 6 e 20 de Marzo. Todas estas regatas principiaran na praia de Coroso ás 1530 horas.
Se pretende, se as condicións meteorolóxicas o permiten, que a lo menos algún bordo se desenvolva preto do peirao de Ribeira para que o público poida gozar do espectáculo que supón ver as dornas en acción. Neste senso, o percorrido que ven sendo tradicional é partindo da praia das Coroso, deixar as Illas Airoas por Babor, poñendo rumbo despois as Lobeiras, que quedarán tamén a babor das embarcacións, entrando posteriormente na liña de chegada situada na praia das Coroso.
Polo de agora, xa están inscritos na competición máis de trinta regatistas, aínda que a inscrición estará aberta hasta unha hora antes da saída a todos aqueles regatistas con licencia deportiva que queiran tomar parte na mesma.
Poderán participar na Regata tódalas dornas que cumpran co Regulamento da Clase Dorna. O Comité Organizador poderá acepta-la inscrición doutras dornas que non cumpran co devandito Regulamento, nembargantes estas dornas quedarán excluídas da clasificación xeral.
Neste trofeo vaise premiar ós tres patróns e ós tres tripulantes das embarcacións que teñan as mellores puntuación no conxunto das cuatro regatas que compón o trofeo.
Invitmos ós medios de comunicación e ós afeccionados en xeral a que se poñan en contacto co A.C. Lajareu por Barlovento para ampliar esta información nesta mesma páxina ou no correo dorna@eresmas.com
0 comentarios